domingo, 7 de Junho de 2009

Poirot

sábado, 25 de Abril de 2009

Recantos de Londres




quinta-feira, 5 de Março de 2009

Águia perdigueira incubando en directo


No parque do Garraf (Barcelona), ten o niño unha parella de águias perdigueiras. No seguinte enlace pódese ver en directo como ela incuba os ovos (dous) que nuns corenta días se crebaran para recibir ós pequenos. Isto conséguese cunha cámara de video sita no mesmo niño. De cando en cando os ovos fican sós no niño, aínda que a maior parte do tempo á águia femia está sobre eles.

Clicar para ver en directo

domingo, 1 de Março de 2009

"Do I Still Exist if You Don't See Me?"

Fotografías de Francesca Woodman (1958-1981).




quarta-feira, 18 de Fevereiro de 2009

A soas

Foi o seu un amor de interrogantes,
de dúbidas translúcidas, ocultas baixo macios diváns de encaixe antigo.
Non llo advertiu
cando bicaba os seus pés.
Cando lambía unha por unha as dedas-caramelo de morango amargo.
Non llo advertiu e ela non o soubo
que tería que camiñar sen el tantos quilómetros.
A soas

domingo, 15 de Fevereiro de 2009

Vangardas case íntimas (IV)



DADAISMO: DÁ-DÁ

Darlle ó mundo a incoherencia desexaDa
Da dor parida, enxendraDa
D'Artagnan non voltou da súa cruzaDa
Danubio con parrulos (de goma) e ela aí afogaDa
Dá medo ver a danza maldeciDa
Da meiga donDa
Dá medo, dá
Dá-dá


DADAISMO: LOBOS

HOrrible, abafante pensamento monocroMO
(negro)
HOmes e máis mulleres bebendo leite seMI
(magro)
NIntendos para os nenos, galletas LU
(molladas)
e malia todo o PUS
(noxento, amarelo)
saíndo a borbollóns das súas costras
(se as rabuñas)

quarta-feira, 11 de Fevereiro de 2009

Vangardas case íntimas (III)


FUTURISMO: FISIÓN DE BÁGOAS

Mísiles de ferro apuntan
ós catro puntos cardinais:
N-E-W-S
parecen pero xa son vellos,
xenreira en moléculas e átomos.
Autómata debruzado
na torre de mercurio
ten as mans de diamante cheas de vidas
-de bágoas-
dos clons
que choran pingas de óleo.
E chove pingas de sangue
no refuxio antiaéreo,
fisión de bágoas.
Non engraxou a máquina
o alien despiadado.
Avión.
Nave.
Tren
de alta velocidade
-faíscas de metal-
viaxando cara
¿onde?.
Pero a computadora non procesa
o sal de tantas bágoas.

sábado, 7 de Fevereiro de 2009

Homenaxe a Ferrín

domingo, 1 de Fevereiro de 2009

Vangardas case íntimas (II)


CREACIONISMO: TORMENTA

Cascuda prateada
de fume de Marlboro
ferida polas frechas fuxitivas
(o f fonosimboliza vento)
dun Cupido fríxido que vinga
o seu ego entoldado
das calindornas de tódalas cores:
azul, verde, encarnado- qué torpes-
chocan unhas conta outras,
entrecrúzanse, esvaran
polo chan incoloro,
insípido e inodoro.
Cupido hermafrodita que menstrúa
mil algodóns de azucre borrallentos
-destinxidos-
cheos de brúos xordos, irritados,
cheos de arames con gume de ouro,
cheos-ó fin-cheos de nada.
E chove.

quinta-feira, 29 de Janeiro de 2009

Vangardas case íntimas (I)


Vai facer dez anos (dez xa!!) estas "vangardas case íntimas" facíanse co fernández del riego ante o abraio daquela nena algo túzara que aínda hoxe teima en premer sen sentido as tecras dun ordenador. Recordalas hoxe en día é como mirar para un fillo cheo de defectos ó que non se lle pode evitar ter o cariño máis especial de todos.

SURREALISMO: DOR FREUDIANA

Todo está escuro dentro,
moi escuro
dentro de min. Rompeu
a lampada de carburo
Histeria. O propio eu
loita contra algo mesto.
Ich. Es. Überich
Non podo controlalo
Síntomas
Neuróticos. E Ela
autómata irreflexiva.
E Freud
peneira ideas. Face aluada.
Quero recupera-las Tres Sortellas;
chapín de veludo
en gadoupa de guepardo.
A Besta ten os ollos moi abertos
e carapucha negra con remendos
das miñas bágoas. Angustia
Mecanismos de defensa. E Freud
peneira ideas nas entrañas.

quarta-feira, 21 de Janeiro de 2009

De voitres


"Xa che dixen que había dúas ocasións nas que se podía gañar cartos, unha, na construcción dun país, e a outra, na súa destrucción. A modiño na construcción, rapidamente na debacle"
(Rhett Butler a Escarlata O'Hara).

Tamén aquí

quarta-feira, 14 de Janeiro de 2009

Biblioteca das Letras Galegas


Un proxecto do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades e a Biblioteca Virtual Miguel de Cervates. O portal nace coa vocación de ser un referente do patrimonio literario galego dende a Idade Media ata hoxe. Na páxina pódense ler obras da nosa literatura, e información moi completa sobre autores varios, dende Martin Codax a Rosalía.

Pódese ver aqui: http://www.letrasgalegas.org/

Escritoras nobel

Ata agora, foron once as escritoras que gañaron un premio nobel. A imaxe que segue corresponde a Doris Lessing, de pais británicos e nacida en 1919 na antiga Persia, coñecida pola súa defensa da muller e críticas do racismo. Foi a última en gañar o nobel, en 2007.

As dez mulleres restantes son as que siguen:

1909: Selma Lagerlöf. (Suecia) A autora de " A marabillosa viaxe de Nils Holgersson inspirabase para escribir nas lendas populares do seu país

1926: Grazia Deledda. (Italia). Autora de novelas como "Cosima", reflicte nos seus libros a dureza da vida na súa Cerdeña natal

1928: Sigrid Undest (Noruega). A súa novela histórica sobre o destino dunha muller, Kristin Lavransdatter, fíxoa merecedora do galardón.

1938: Pearl S Buck. A autora estadounidense viviu vinte anos en China. Tamén recibiu o premio Pulitzer
1945: Gabriela Mistral. (Chile). Poeta, diplomática e profesora, "Desolación" ou "Poema de Chile", están entre as súas obras.

1966: Nelly Sachs (Alemania). Compartiu o galardón co escritor israelí Shmuel Agnon.

1991: Nadine Gordimer. (Sudáfrica). Trata nos seus libros os problemas do apartheid.

1993. Toni Morrison (EE.UU). Con só seis libros publicados é uha fervente defensora dos dereitos civís e políticos.
1996: Wislawa Szymborska. (Polonia). Considerada unha das voces máis orixinais da poesía do seu país.

No ano 2004: Elfriede Jelinek
(Austria). A decisión provocou a dimisión dun dos membros da Academia sueca. Jelinek sempre criticou a sociedade do seu país de nacemento, do que di que segue ancorado no nazismo.

sexta-feira, 9 de Janeiro de 2009

O extraño mundo de Mark Ryden


Fascínanme a obra deste artista estadounidense. As súas pinturas amosan mundos inquedantes cos cativos como principais protagonistas. Iconografía pop, frases en latín, carne e sangue, imaxes alquímicas ou simbolos relixiosos confabúlanse para compoñer un universo irracional, onírico. O mundo secreto e cruel dos nenos, cheo de cores vivas, de peligros ocultos, de monstros e gadoupas.Para Mark Ryden "a vida é pura ilusión. Somos seres de enerxía pura e a carne é o que nos mantén enteiros".

Paga a pena ver este video.

Madrid: neve na cidade





Unha imaxe que poucas veces se ha de repetir

terça-feira, 6 de Janeiro de 2009

Cantámosche os reises, Orellas de cabra...


Recolle-lo aguinaldo polas casas era un dos principais motivos dos Cantos de Reis tan populares na tradición oral de Nadal. Velaquí un exemplo.


Déannos os reises

anque señan poucos:

un touciño enteiro e a mitá do outro.

Déannos os reises

si nolos han dar,

que somos de lonxe e hai moito que andar.

Traemos a bota

para levar o viño,

a cesta prós ovos

e un caraveliño.

Déannos os reises, señores, por Dios,

déannos os reises e quedan con Dios.

Nesta casa caleada,

caleada de pemento,

que por moitos anos vivan

os señores que están dentro.


(Se non lles daban nada remataban así)


Cantámosche os reises

Orellas de cabra;

Cantámosche os reises,

Canela de cabra,

Touciño de cocho,

Orella queimada.

Cantámosche os reises

Non nos deches nada.

domingo, 4 de Janeiro de 2009

Confín dos verdes castros

Castro de Santa Trega-A Guarda.








Vinte anos despois...








sexta-feira, 2 de Janeiro de 2009

As orixes do Dereito europeo


O renacemento xurídico medieval e a formación dunha cultura xurídica europea ten a súa orixe na Universidade de Bolonia, creada a finais do século XI. E entón cando ten lugar o descubremento científico do Dereito. A base das ensinanzas é o corpus iuris, especialmente o Digesto. A Universidade de Bolonia era unha escola de artes, por iso os primeiros que se ocuparon dos textos xurídicos romanos non foron xuristas, senon gramáticos que compuxeron unha primeira recompilación chamada Vulgata ou Littera Bononiensis. A escola foi fundada por Irnerio no 1131, e dela xurdiron as primeiras xeracións de xuristas, chamados glosadores, que facían una exégese minuciosa dos textos romano-xustinianeos, engadindo glosas e anotacións nas marxes e entre liñas.

quinta-feira, 1 de Janeiro de 2009

Dousmilnove

quarta-feira, 31 de Dezembro de 2008

Sinais

Gustaríame dedicar unha homenaxe á pelicula de mafiosos por excelencia, á que serviu de exemplo ós demáis directores do xénero. "Scarface o terror do hampa" narra a historia dun mozo chamado Tony Camonte, que aspira a liderar ós mafiosos de Chicago. Este clásico foi rodada en 1932 por Howard Hawks e Richard Rosson. Nela hai unha serie de detalles que a convirten nunha obra mestra do xénero.Un dos que máis me chama a atención: cada vez que alguén ten que morrer, un motivo en forma de cruz ou de X está discretamente presente na imaxe e no decorado.

Esta especie de sinais para o espectador agudo non son exclusivas deste filme. A morte dunha personaxe adoita a estar resaltada, no cine, pola caída dalgún obxecto que lle pertence.
Outro exemplo desto témolo na película "O carteiro sempre chama dúas veces" ( Tay Garnett, 1946), coa caída o chan do lapis labial de Lana Turner cando a súa personaxe morre.

segunda-feira, 29 de Dezembro de 2008

Archibald Joseph Cronin


Caeron nas miñas mans varios libros de Archibald Joseph Cronin: "As portas do Reino", "O xardiñeiro fiel" e "Aventuras en dous mundos" (a primeira e a última bastante mellores cá outra). Ó meu parecer, escribe ben dun xeito un tanto formal, as súas descripcións de paisaxes son unha delicia pero por outra parte é algo anacrónico, algo lacrimóxeno de máis. Algo así coma un Edmundo D'Amicis con algo máis de calidade